O Hotel Arbe situado na Bahía de Arbe, é un hotel
de deseño vangardista e coidado ó detalle.
A orientación do edificio hoteleiro proxectado polo arquitecto
Alejandro Arróspide, foi concibida para que a gran xanela
de cada un dos seus cuartos proporcione a sensación de
estar literalmente sobre o mar Cantábrico...
Un moderno proxecto que se serve da enerxía xeotérmica
a través de buratos perforados a máis de 80 metros
de profundidade. Deste xeito, creouse unha rede que vai dende
o subsolo ata o conxunto do edificio, aproveitando así
a temperatura que a partir dos dez metros de profundidade é
totalmente estable tanto en verán como en inverno.
Isto proporciona a climatización do edificio en verán
e calor en Inverno.
_________ O HOTEL